2

[Vigo, estado español] Sunset Urban explota y no paga

Submitted by jorgesumle in Anarquismo

(Ya sé que no está en español, pero no he encontrado una traducción, y el gallego es fácil de entender.)

Os traballadores e traballadoras da hostalería xa estamos fartos dos salarios miserables e da explotación laboral, como norma xeral no sector das hostalería. É ben sabido por todos, que a hostalería ten patente de corso para explotar aos traballadores, incumprimento do convenio, festivos e horas extraordinarias traballadas a reo e non cobradas, contratos con poucas horas aínda que se faga a xornada completa, traballo en negro…

Este é ocaso de Sunset Urban Bar, un local na céntrica rúa de Vigo García Barbón nº18, que ten como norma explotar, e aínda máis non pagar aos traballadores, como a nosa compañeira Andrea que lle deben media nómina de xaneiro e as nóminas de febreiro e marzo, tamén máis de 1.700 euros en horas extraordinarias, un total de 4.500 euros, facendo xornadas de 54 horas semanais e chagando ata 64 horas por semana, non só non lle pagan as horas extras senon que agora non lle pagan nin as nóminas, así calquera monta un negocio.

Pero este non é o único caso, sabemos de un mínimo de 11 traballadores e traballadoras que lle deben salarios e xa os denunciaron, chegando ao caso dun traballador que lle pagaron cun pagaré sen fondos, cando é ilegal pagar aos traballadores con pagarés, pois non señores de Sunset Le Grand, sociedade propietaria de Urban Sunset, a CNT-Vigo non vai parar ata que paguen o último céntimo que lle adebedan a nosa compañeira, estaremos diante deste antro de explotación e empregaremos todos os nosos medios sindicais, para que se faga xustiza, para traballar de balde facédelo vos, Marina Escarlata Álvarez, Antonio Sueiro e Luis Collarte, apoderada, adminstrador único e socio desta cova de Alí Baba.

A anarcosindical CNT-Vigo tentou previamente chegar a un acordo, dando un prazo máis que razoable para elo, e obtivemos a calada por resposta, nin sequera pagar parte dos salarios, porque os traballadores temos o estraño costume de comer e vivir, tamén dixéronnos que lles denunciáramos, porque saben que os xuízos tardan moito e os traballadores teñen que comer e moitos déixano pasar e buscan outro traballo, co que lles sae redondo o negocio, ou xa pagarán dentro dun ano e medio cando saia a sentenza xudicial, pero non saben que con nos non valen esas artimañas, nos facemos sindicalismo combativo, porque se tocan a un tócannos a todos.

¡¡ATA O TRIUNFO TOTAL DA CLASE TRABALLADORA!!

¡CNT-VIGO EN LOITA!

Comments

You must log in or register to comment.